viernes, 6 de junio de 2014

GIMP: Eliminar obxectos dunha imaxe.

Para conseguir un efecto o máis óptimo posible coa ferramenta clonado, marcamos as seguintes opcións: 
  • Opacidade: 50%
  • Pincel: 2. Hardness 025
  • Tamaño: 20
  • Lonxitude de esvaecemento: 100

GIMP: Efecto Pop-Art.


  1. Pixelamos a imaxe en Filtros>Difuminar>Pixelar (20 píxels).
  2. Creamos unha imaxe de 20x20 píxels.
  3. Dentro desta imaxe creamos unha selección círcular do mesmo tamaño (cos bordos difuminados) e limpamos o interior (editar>limpar). 
  4. Seleccionamos esta imaxe enteira e copiámola. 
  5. Na imaxe á que lle queremos dar o efecto accedemos á ferramenta de recheo e escollemos a opción "encher con patrón". Escollemos como patrón a imaxe do Portapapeis (a que copiamos con anterioridade).
  6. Pinchamos enriba da imaxe. 

lunes, 2 de junio de 2014

GIMP: Efecto Andy Wharhol.

Para conseguir o famoso efecto Andy Wharhol só temos que seguir estes sinxelos pasos:

  • Pasar a imaxe en cor a branco e negro (Cores>Desaturar).
  • Duplicamos a capa.
  • Convertimos a imaxe en branco e negro puros (Cores>Limiar -establecer os valores que nos conveñen-).
  • Coa selección por cor, seleccionamos a área negra, copiamos e pegamos nunha nova capa. 
  • Accedemos á imaxe orixinal e seleccionamos a silueta da modelo (tesoiras, variña, lazo...)
  • Mantemos a selección e nos colocamos na capa de branco e negro puros. Copiamos e pegamos a selección nunha nova capa.
  • Esta nova capa ten só a figura da modelo en branco e negro puros. Desfacémonos do negro en seleccionar por cores> limpar.
  • Enchemos con diferentes cores as rexións das distintas capas, e creamos varias imaxes. Xa temos o noso Andy Wharhol.


domingo, 1 de junio de 2014

GIMP: Fóra de límites.

Nesta práctica aprendemos a poñer marcos a imaxes e editalas de forma que dea a impresión de que os obxectos saen do marco. Para iso, hai que seguir os seguintes pasos:
  • Abrir a imaxe e crear dúas capas transparentes. A da fotografía irá no medio, de forma que teña unha capa transparente por encima e outra por debaixo.
  • Coa Selección en rectángulo, creamos un e enchémolo de cor branca. Encollemos a selección no valor que nos pareza axeitado (será o grosor do marco) e limpamos o interior. Xa temos o marco.
  • Engadimos máscaras de capa de cor branca na capa do marco (a transparente superior) e na da fotografía. 
  • Agora temos que borrar as partes de marco que sobrarían. Para iso collemos o pincel, seleccionamos a cor negra -actuará como goma pola máscara- e imos desfacéndonos desas partes. É boa idea que antes de comezar a borrar o marco o seleccionásemos, para traballar con maior comodidade.
  • Toca desfacerse agora da parte do fondo da fotografía que sobra. Situámonos encima da capa da fotografía e seguimos o mesmo procedemento de antes (non vos esquezades de inverter a selección se é preciso).
  • Enchemos a capa transparente inferior cunha cor. Xa temos a montaxe realizada.



sábado, 31 de mayo de 2014

GIMP (XLVIII): Liñas de luz.

Para engadir unha espiral de luz a unha imaxe -como na fotografía inferior-, o primeiro é crear unha nova capa transparente para poder traballar. Acto seguido, trazamos unha liña coas áncoras, e vamos movendo cada unha das seccións que se crean ata quedar conformes co resultado. Unha vez conformes co resultado, prememos en "trazar camiño" -deixamos os valores tal e como están- e aplicamos o filtro Alfa a logotipo>Neón -podemos escoller a cor que nos pareza-. Despois aplicamos Difuminar>Desenfoque gaussiano e borramos as partes da liña que non se verían.

GIMP (XLVII): Montaxe II.


Para conseguir esta montaxe, hai que seguir os seguintes pasos: 
  • Clonar a zona pintada da libreta na imaxe orixinal.
  • Engadir o oso como nova capa (Editar>Pegar como capa)
  • Eliminar o fondo branco da imaxe do oso ( Seleccionar con variña máxica e Editar>Limpar).
  • Reducir o tamaño da imaxe coa ferramenta Escalar.
  • Modificar a perspectiva da imaxe do oso de forma que cadre coa tapa da libreta (ferramenta Perspectiva).
  • Aplicar o filtro Artístico>Van Gogh.
  • Poñer a capa en modo "Luz suave".
  • Difuminar os bordos coa Goma de borra en Circle fuzzy e opacidade 50%.



Gimp (XLVI): Letras recheas cunha imaxe.

Para rechear cunha imaxe o texto, hai que inserir o texto coa ferramenta Texto. Unha vez o temos, pegamos a imaxe que queremos usar de recheo (previamente temos que abrila con gimp e Editar>Copiar). Despois, colocamos a nova capa de forma que cubra a totalidade do texto e creamos un camiño co texto. Unha vez creado, accedemos á pestana Camiños, facemos click co botón dereito no camiño e pinchamos en "Ruta a selección". O texto aparecerá seleccionado, así que só temos que inverter a selección e limpar a imaxe que sobra. Se queremos engadirlle bordo ao texto, accedemos a Seleccionar>Bordo, definimos as opcións que nos interesan e enchemos coa cor que nos pareza.